10/5/18

PLANTANDO ZAPATOS

Os nenos e as nenas de Educación Infantil están enchendo o seu patio con plantiñas postas en zapatos e botas que trouxeron das súas casas.
Algunhas tivemos que poñelas a enraizar para poder plantalas, pero outras xa estaban listas.
Están traballando moito, e seguro que o patio vai quedar chulísimo!











A PRIMAVERA

Os nenos e as nenas de 5 anos están aprendendo cousas sobre a primavera: nacen as flores, aparecen insectos, voltan aves migratorias como as anduriñas, etc. Así que decidiron adornar a aula con debuxos primaverais que pintaron e recortaron e que colocaron nas ventás: flores, bolboretas, paxariños, xoaniñas...
O outro día levaron un susto porque viron unha abella velutina, falamos delas e puxemos abellas "boas" nas nosas ventás.



FLORES PARA MAMÁ

Os nenos e as nenas de 3 anos fixeron unhas flores moi fermosas para regalarlles ás súas mamás no seu día, e de paso aprenderon as partes dunha planta e dunha flor.














6/5/18

CONCURSO DE ALDEAS




RECANTOS CON ENCANTO

Xa estamos de novo empezando un novo proxecto!!!!




RECANTOS CON ENCANTO




Trátase dun proxecto colaborativo onde todos e todas contribuimos a investigar sobre lugares con encanto de Arzúa

2/5/18

SEMENTANDO

Agora que tivemos uns días de sol os nenos e as nenas de 3 anos do CEIP de Arzúa aproveitaron para sementar unhas flores, hortalizas e algunhas herbas aromáticas.
Mirade que atarefados/as estiveron:















 E todo o seu traballo xa está dando resultado e algunhas plantiñas xa están nacendo!